

Fórmula Práctica 'Pardal'
Pardal proponche unha fórmula práctica para que o alumnado lea, estude e aplique o aprendido. Nun só volume atoparás lecturas, comprensión lectora, dinámicas de expresión oral, actividades graduadas para realizar no propio libro, esquemas visuais, contidos teóricos... Para que o teu alumnado adquira as competencias en galego reais e produtivas.
Descubre moito máis sobre 'Pardal'
Aprender Lingua con 'Pardal' ten moitas vantaxes. Consulta aquí as claves do proxecto.
Como é 'Pardal'?
Leo e comprendo, Leo e escribo, Vocabulario, Ortografía...

Lectoesritura
En Pardal, a Lectoescritura (unidades 1 a 6) procura unha aprendizaxe amable e guiada. Pártese da identificación visual e auditiva e da lectura en voz alta. A secuencia de presentación das letras asegura unha aprendizaxe ordenada e eficaz.
O apartado Fíxate atende á motricidade fina, á ergonomía, a escritura correcta na pauta...
Comprensión lectora, vocabulario e ortografía
Leo e comprendo
Lecturas breves e actividades intuitivas e cordiais para construír a identidade lectora.
Escoito e falo
O apartado Escoito e falo adestra a oralidade con dinámicas de comunicación adaptadas ao estado de maduración do alumnado.
Leo e escribo
En Pardal 2 engádese un apartado, Leo e escribo, para ampliar a práctica da lectura e da escritura. O vocabulario seleccionado fornéceos para nomear os seus campos de interese. Refórzase a ortografía e a competencia escrita para que as alumnas e os alumnos sexan solventes e se sintan cómodos producindo os seus primeiros textos.
Gramática
Os contidos gramaticais trabállanse de xeito graduado en toda a etapa.
En moitas actividades hai un guieiro ou exemplo para activar os coñecementos previos e innatos (categorías gramaticais, concordancia, temporalidade...). O seu obxectivo é fomentar a aprendizaxe autónoma.
Tamén se propoñen actividades competenciais nas que aplicar os coñecementos á vida cotiá.
Memorización visual
A aprendizaxe autónoma refórzase coa consulta do Anexo, onde os contidos teóricos están dispostos para impulsar a memorización visual.
Materiais
A oferta de materiais abrangue os materiais impresos e unha rica oferta de recursos dixitais.

Un libro por curso cun enfoque competencial para aprender aplicando o estudado.
Proxecto dixital

Para cada nivel, alumnado e profesorado, van contar con recursos que motivan a aprendizaxe e consolidan os saberes básicos.
E ademais, actividades destacadas con iconas para traballar:
- A expresión e a comprensión oral.
- A aprendizaxe lúdica.
- A alfabetización informaciónal.