Descubre moito máis sobre 'Pardal'

Aprender Lingua con 'Pardal' ten moitas vantaxes. Consulta aquí as claves do proxecto.

clave_grafomotricidad-fina

Adaptado ás necesidades reais do alumnado desde a motricidade fina de Pardal 1 ata os conceptos gramaticais de Pardal 6. En toda a etapa téñense presentes as pautas DUA para atender ás distintas formas de transmisión da información; as normas que marca a nova lei de accesibilidade e ás indicacións Pisa para acadar unha comprensión lectora progresiva.

clave_aprendizaje-autónomo

Grazas á aplicación práctica dos contidos teóricos, vinculados sempre co Anexo, e ao uso do exemplo ou guieiro para activar os coñecementos previos e favorecer a resolución das actividades. Acadar que o alumnado se sinta autónomo é o paso fundamental para conseguir un achegamento á lingua.

clave_contenidos-graduados

Progresivo con contidos graduados ao longo de toda a etapa, organizados segundo a súa complexidade e pensados para o nivel de maduración intelectiva dos alumnos e das alumnas.

teacher-in-classroom

Versátil pois permite adaptarse a distintas funcións na aula, desde o traballo didáctico máis dirixido a unha 'flipped clashroom'. Todos os contidos presentes na colección responden ao currículo de Lingua Galega para Primaria. O anexo final complementa a explicación do profesorado, soluciona dúbidas e serve como base de estudo.

Como é 'Pardal'?

Leo e comprendo, Leo e escribo, Vocabulario, Ortografía...

materiais-de-pardal

Lectoesritura

En Pardal, a Lectoescritura (unidades 1 a 6) procura unha aprendizaxe amable e guiada. Pártese da identificación visual e auditiva e da lectura en voz alta. A secuencia de presentación das letras asegura unha aprendizaxe ordenada e eficaz.

O apartado Fíxate atende á motricidade fina, á ergonomía, a escritura correcta na pauta...

Comprensión lectora, vocabulario e ortografía

Leo e comprendo

Lecturas breves e actividades intuitivas e cordiais para construír a identidade lectora

Escoito e falo

O apartado Escoito e falo adestra a oralidade con dinámicas de comunicación adaptadas ao estado de maduración do alumnado. 

Leo e escribo

En Pardal 2 engádese un apartado, Leo e escribo, para ampliar a práctica da lectura e da escritura. O vocabulario seleccionado fornéceos para nomear os seus campos de interese. Refórzase a ortografía e a competencia escrita para que as alumnas e os alumnos sexan solventes e se sintan cómodos producindo os seus primeiros textos.

Gramática

Os contidos gramaticais trabállanse de xeito graduado en toda a etapa.

En moitas actividades hai un guieiro ou exemplo para activar os coñecementos previos e innatos (categorías gramaticais, concordancia, temporalidade...). O seu obxectivo é fomentar a aprendizaxe autónoma.

Tamén se propoñen actividades competenciais nas que aplicar os coñecementos á vida cotiá.

Memorización visual

A aprendizaxe autónoma refórzase coa consulta do Anexo, onde os contidos teóricos están dispostos para impulsar a memorización visual.

Materiais

A oferta de materiais abrangue os materiais impresos e unha rica oferta de recursos dixitais.

Proxecto dixital

proxecto-dixital-pardal

Para cada nivel, alumnado e profesorado, van contar con recursos que motivan a aprendizaxe e consolidan os saberes básicos.

E ademais, actividades destacadas con iconas para traballar:

  • A expresión e a comprensión oral.
  • A aprendizaxe lúdica.
  • A alfabetización informaciónal.